O marisqueo a pé vén de antigo, e tanto... as ameixas, por exemplo, existían xa hai máis de 100 millóns de anos, demóstrano as escavacións en varias culturas poboadoras de Galicia e en restos arqueolóxicos nos que os fósiles destes exquisitos bivalvos son omnipresentes do que se deduce eran moi apreciados xa naqueles tempos. Por non lembrar as receitas do gastrónomo do século I d.C. Apicio, polas que é coñecido o gusto dos romanos por estes e outros mariscos, utilizándoos como ingrediente para salsas ou protagonistas de suculentos manxares… o que non souberan os romanos... Así que non é extraño que dende hai centos de anos se cultive, tradicionalmente por mulleres, aproveitando bancos naturais como os das rías de Galicia, os máis prodixiosos do mundo, de area fangosa, con entrada e saída de augas, para recollelo aproveitando a baixamar... e é entón cando este espazo grandioso, cambiante pero eterno como é o mar, sustento, riqueza, aventura, orixe, beleza... se convirte en escenario de imaxes fascinantes, de horizontes poboados por guindastres, barcos, gaivotas e por mulleres afoutadas e fortes, que tamén, coma o mar, son a orixe mesma da vida.
Dedicado a todos os que senten morriña, especialmente para Richard
hermosos reflejos, horizontes limpios pero con "substancia"...Gracias
ResponderEliminarandrés
Muchas substancia sobre todo, uns camaróns estupendos e as nécoras non che digo, jeje, muchas gracias por tus apreciaciones y por estar ahí, un abrazo
EliminarGraciasssss!!!!
ResponderEliminargraciñas a ti y un abrazo grande
EliminarMaravillosas imágenes que describen nuestra ría tal y como es, única, en bajamar es un espectáculo, una "huerta" fantástica, me encantan, como siempre, gracias yo también!!!
ResponderEliminarEs un paraíso, como tú bien dices, unha huerta prodigiosa llena de vida e imágenes que nunca te cansas de captar, un privilegio. Graciñas por tu fidelidad y un abrazo
Eliminar