Requeixo, crema de requeixo, torta ou licor de requeixo, queixo fresco, país, tetilla, queixo con chourizo celta, con herbas aromáticas, con aceite e pemento picante, manteiga soa ou con algas e ourego, nata fresca, soro de callada de leite... ademais de delicias gastronómicas irresistibles, son o resultado dun xeito de entender a terra e os seus froitos, a suma da perseverancia, a confianza no propio, o carácter emprendedor da xente e a proximidade ás Fragas do Eume, que marca de xeito definitivo o espazo e o tecido produtivo xerado polos seus habitantes.
Campo Capela, unha das máis antigas e prósperas cooperativas galegas de produtores de leite, é a artífice de todas estas creacións, elaboradas con leite cru de vaca, o seu sinal de identidade, sen conservantes, colorantes nin aditivos, coma os homes e mulleres que hai detrás e cos que me sinto honrado de colaborar, traducindo en imaxes fotográficas a esencia dos seus produtos.
![]() |
| *Fotografías realizadas no Museo Etnográfico da Capela |



















