Mostrando entradas con la etiqueta Agadic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agadic. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de noviembre de 2018

Celebración. A gran noite

A aguda sensibilidade que desprega a compañía Sarabela en cada montaxe adopta neste espectáculo o formato de sátira delirante sobre o asalto ao poder, contra a clase política e os poderosos, pero tamén contra os que desexan formar parte desa elite que denostan pero á que aspiran.
Os protagonistas: unha muller con serios problemas laborais, unha adolescente que quere ser adulta, unha persoa que se sente excluída economicamente, outra que pensa que pertence á alta alcurnia e está desfasada e excluída, e un home con serios problemas relacionais e sociais. Todos queren ser convidados á ‘gran festa’, estar na fotografía, porque iso significa ter unha oportunidade na vida e esquecer as miserias cotiás. Como non están entre os elixidos deciden deixar de ser o que aparentaban e iniciar unha ‘revolución’ xunto a outros excluídos para tomar o poder coa intención de modificar o sistema de valores.
Nada máis lonxe da realidade. Como imaxinaredes e constatamos a diario, a erótica do poder remata fagocitando soños, promesas, ideoloxías, utopías... Puro teatro!!!














viernes, 13 de enero de 2012

Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos

Cando diante túa, sobre o escenario, tes a un artista inmenso como Gustavo Pernas, dirixido maxistralmente pola engaiolante Ánxela Abalo, tes moita sorte... e eu tívena.
Foi no teatro Jofre. Gustavo convértese en Botamán de Melide, un personaxe creado por el mesmo, á súa imaxe e semellanza, e ao xeito de Proust cos seus cheiros evocadores, Botamán-Gustavo métese na pel, nas vidas e milagres de diversos personaxes a través dos seus zapatos, grazas a eles coñece as mil linguas dos mil peregrinos ao seu paso pola vila de Melide.
Gustavo-Botamán emociona, como se fose a primeira ou a última vez, conmóvete, con intensidade, e faite rir, a cachón, porque, tal e como explica a directora, 
“os monólogos ao revés coma os desta historia son logomonos, hilarantes coma o riso dos monos”.
Non é preciso lembrar o seu Premio Max nin os varios María Casares, abonda con velo, poderoso, intenso, e escoitar a súa máxica voz sobre as táboas para entender o que é un actor de raza, deses que te transportan a mundos alleos e fanche vivir mil vidas, 
e mesmo imaxinalas. 










 Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos. Ancora Produccións












viernes, 28 de octubre de 2011

Maruxa Salas&Erik Jiménez: pasión por la danza

Gracias Maru y Erik!
vosotros me enseñasteis el significado de la danza: precisión, belleza, pasión, esfuerzo, sudor, entrega, dificultad, equilibrio, sudor, fuerza, arte, expresión, creatividad, emoción... fotografiándoos aprendí a mirarla, a entender cada movimiento, a disfrutarla, a ver más allá, y ahora me sorprendo cuando mi cámara se adelanta ya a algún paso porque intuyo que va a suceder... y sucede, y me emociona. 


Maruxa Salas&Erik Jiménez "Solodós" en la portada de la revista Paraíso, editada por Agadic, con diseño de Uqui Permuy www.uquicebra.com