lunes, 8 de febrero de 2016

Ensaio sobre a cegueira


"Unha epidemia de 'cegueira branca' vaise espallando entre a poboación de forma incontrolable ata se converter nun problema de saúde pública, o que leva ás autoridades desta cidade ficticia a someter a todos os cegos a unha corentena que é en realidade unha viaxe ás tebras, onde non hai ética nin moral e aflora o peor da condición humana".
Terrible argumento, novelado por Saramago e escenificado maxistralmente por Sarabela Teatro que, lonxe de ser ciencia fición, difire ben pouco de realidades televisadas a diario protagonizadas por  persoas que viven o terror da guerra, a miseria, o naufraxio, a indiferenza ou o rexeitamento dos que, dende a nosa burbulla, vemos perigosamente invadida a nosa privilexiada zona de confort e non reparamos, pola contra, no sufrimento e a humillación dos demais.
Ao mestre encantaríalle a magnífica versión de Sarabela, nun máis_difícil_aínda que nos encolle a alma, pero seguro comprobaría con desagrado como o seu profético Ensaio segue sendo espello dunha humanidade indefensa ante a súa cegueira nun mundo tremendamente fráxil e ensombrecido polo salvaxe, a barbarie, a degradación, a inxustiza  e a desesperanza.