Mostrando entradas con la etiqueta parque urbano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta parque urbano. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de abril de 2014

Unha galaxia imaxinaria



Planetas, xogos e espazos nunha proposta sorprendente que é moito máis ca un parque. Iso é a Galaxia Imaxinaria, un espazo urbano, turístico, cultural, lúdico e pedagóxico localizado no centro urbano de Fene, concello que deu mostra dunha especial sensibilidade cara ao urbanismo. É o resultado dun proxecto de recuperación urbana inspirado en dous eixes centrais: o cultural en diálogo co imaxinario galego, coas lendas, coa literatura etc., e o lúdico e pedagóxico en diálogo coa cultura científica ao redor da Vía Láctea. Para que entendades mellor o espazo, ademais de que o visitedes –non hai coma o contacto directo para entender algo e desfrutalo–, direivos que é unha galaxia con todos estes planetas... O Planeta das Linguas, do Humor, da Area, do Principiño, do Sol, de cando os Animais Falaban, Baixo a Terra, das Herbas Máxicas, do Cabo do Mundo, das Mouras, da Herba de Namorar, das Cidades Asolagadas, do Revés e do Po de estrelas... Todo un camiño cara ao coñecemento a través do xogo.     [É un proxecto de Oxixeno Arquitectura]