O espectacular Museo de Galicia da Cidade da Cultura é o escenario dunha exposición na que tiven a honra de participar, un verdadeiro percorrido pola historia de Galicia a través da pedra: isto é Gallaecia Petrea.
Guerreiros, columnas, capiteis, muíños, virxes, petróglifos, miliarios, aras, baixorrelevos, cistas, puntas de frecha e algunhas das obras máis relevantes dos escultores galegos de todos os tempos... centos de pezas dende hai 200 millóns de anos ata a actualidade, que dan unha idea da omnipresenza deste elemento totémico na paisaxe, na historia, na arte e no patrimonio desta terra.
Foi unha gozada formar parte dun equipo de traballo integrado por técnicos da Fundación, comisarios e expertos en diversos campos, Uqui Cebra, cun traballo excepcional na parte gráfica e de deseño, unha morea de profesionais volcados neste proxecto. Un traballo intenso, polo apretado dos prazos de execución, pero un auténtico pracer fotografar pezas que son verdadeiros tesouros.
Unha experiencia gratísima e enriquecedora que quero compartir con vós e animarvos a coñecela en primeira persoa, iso si, previrvos que a visita ha de ser demorada para apreciar a magnitude da montaxe –para ver todas as salas preparade un día completo–. Tedes tempo, non se clausura ata finais de ano, e probablemente se prolongue.
Nesta publicación amósovos unha pequena selección das pezas que me resultan máis atractivas, por diversas razóns, e algunhas vistas dos espazos.
Déixovos co espectáculo de Gallaecia Petrea, non sen antes agradecerlles ás persoas que confiaron en min para tan magno proxecto.
|
Monte Pindo |
|
Cabeza da Graña |
|
Fusaiolas de Melide |
|
Petróglifo Laxe das Picadas |
|
Coro do Mestre Mateo. Maqueta |
|
Penúltima cea. Manolo Paz |
|
Puntas de frecha |
|
Pesa de rede |
|
Laudas gremiais de Noia |
|
Fuste da Portada do Paraíso |
|
Esvásticas de Santa Tegra |
|
Estela de Victorinus |
|
Cabeza de Armea |
|
Clave de bóveda |
|
Virxe da O |
|
Capela do Pilar catedral de Santiago |
|
Disco ornamental de Sabanle |
|
Colar da mámoa da chousa nova |
|
Pía de auga bieita |
|
San Salvador de Lérez |
|
Guerreiro celta |
|
Vistas da exposición |