Mostrando entradas con la etiqueta De catro a catro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta De catro a catro. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de abril de 2015

E ficamos nós sos, sen o Mar e sen o Barco, nós


Encántame o paseo demorado e o rastrexo de vestixios do mundo mariñeiro polos vellos peiraos, labrados por bágoas, adeuses e despedidas, convertidos para o meu obxectivo en lenzos nos que aceites, salitre, xebra, algas, resinas, táboas, esmaltes, tanza, aramios, pedra, area, cordas, plásticos... debuxan fermosas obras inconclusas e coexisten en perfecta sintonía nun ecosistema propio ao carón da lembranza de navíos, de ondas e singraduras, de cantigas, ronseis e mareas, de mastros e naufraxios... ao carón da nostalxia do mar, esa "illa de auga rodeada de ceo por todas partes" que o admirado Manuel Antonio converteu en poesía e ensinounos a mirar con outros ollos.












viernes, 4 de mayo de 2012

SÓS

Si el viernes pasado os mostraba las Fragas do Eume como uno de mis paraísos soñados, esos que propician el reencuentro con uno mismo y la unión intensa con la naturaleza, el de hoy es otro de mis paisajes "de cabecera". La costa y la playa de Punta Penencia es subyugante, poderosa, imponente, cautivadora, de una fuerza y una grandeza difíciles de describir, espero que la selección de imágenes os transmitan esta intensidad, las palabras se me quedan cortas, así que lo mejor es acudir a los clásicos, los maestros de la palabra como Manuel Antonio, el poeta del mar. Él expresa como nadie las sensaciones y vivencias en torno al mar en De catro a catro, éste es mi preferido:


SÓS

Fomos ficando sós

o Mar o barco e mais nós
 


Roubáronnos o Sol

O paquebote esmaltado

que cosía con liñas de fume

áxiles cadros sen marco 



Roubáronnos o vento

Aquel veleiro que se evadiu

pola corda frouxa do horizonte


Este océano desatracou das costas

e os ventos da Roseta

orientáronse ao esquenzo


As nosas soidades

veñen de tan lonxe

como as horas do reloxo 



Pero tamén sabemos a manobra

dos navíos que fondean

a sotavento dunha singradura
No cuadrante estantío das estrelas

ficou parada esta hora:

O cadavre do Mar

fixo do barco un cadaleito


Fume de pipa Saudade

Noite Silenzo Frío

E ficamos nós sós

sen o Mar e sen o barco

nós.