Mostrando entradas con la etiqueta Monfero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Monfero. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de abril de 2012

No corazón do Eume

A humidade inúndao todo dos seus verdes infindos. No corazón das fragas, o Eume latexa e serpentea indómito para sosegar calmo logo e agocharse entre a follaxe impenetrable, rexurdindo entre mil fervenzas e regatos. Neste lugar, que é o máis parecido ao paraíso soñado, felgos prehistóricos e outras especies únicas atoparon dende hai milleiros de anos o seu espazo de vida, compartido cos homes e mulleres que, ao longo dos séculos e en harmonía e equilibrio co medio coidaron e seguen a manter as fragas coma un ecosistema vivo, cheo de riqueza que aproveitar e preservar. Porque o medio natural en Galicia non é un museo que visitar e esquecer, é un conxunto de paisaxes e ecosistemas que existen e perdurarán grazas á relación equilibrada coas persoas que os habitan, e só a prepotencia, a ignorancia e as iniciativas alleas a esta realidade poden obviar esta evidencia. 



 

















Esta publicación está dedicada a eses homes e mulleres da Capela, de Monfero, de Pontedeume, das Pontes... e de toda Galicia que sentiron que un anaco do seu corazón marchaba entre as lapas.