lunes, 7 de septiembre de 2015

reencontrARTE




A idea de engaiolar a animais e expoñelos sempre me pareceu amoral e impropia de seres civilizados e en harmonía co medio, así que converter unha paxareira nun espazo aberto, de creación, onde flúe a arte ao aire libre para achegala á cidadanía e sen máis límite que o propio talento dos artistas que interveñen, seméllame máis que plausible, mesmo un símbolo dun tempo novo para Ferrol.  
Cristina e Rut converteron unha gaiola de cristal e o seu fermoso contorno en espazo de expresión, de reivindicación a través da danza, coa marabillosa complicidade dos habitantes dunha cidade que aspira a ser viva, luminosa, sensible, humana... con todos os seres que a habitan e a conforman. O camiño da revalorización dos artistas nos espazos públicos como o máis democrático dos escenarios non fai máis que comezar.