Mostrando entradas con la etiqueta BStudio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BStudio. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de septiembre de 2013

Máis que danza

Do mesmo xeito que para Martha Graham “o corpo nunca mente: expresa o que non podemos dicir con palabras”, Dolores Mayán, a creadora de "De Meu" pon en paralelo danza e filosofía e impregna todas as súas creacións de moito máis que danza... O baile, ademais dunha forma de expresión, é o instrumento esencial a través do cal se explora o mundo da muller, revelando cos movementos o máis profundo da identidade feminina. Nas súas montaxes pon ao descuberto aspectos eclipsados, ocultos, que constitúen estereotipos cos que a muller carga dende sempre: non é que a muller sexa dun ou doutro xeito, é que ten que respostar ás esixencias seculares de selo. E cumprir cos roles, ata que se coñece a si mesma e deixa de interpretar papeis que non quere interpretar. E entón as bailarinas íspense, ensinan a súa pel e a súa alma, amósanse de verdade e regálannos imaxes dunha beleza fascinante.