Mostrando entradas con la etiqueta chapapote. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta chapapote. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de noviembre de 2013

Negra sombra


Todo facía presaxiar o desastre como así foi.
A negra sombra tinxiu de loito as praias, as cunchas, as ondas, a escuma da nosa infancia, asolagando tamén as nosas almas.
A esperanza, vestida de branco, loitou con unllas e dentes contra unha secuencia irremediable de destrución - morte - baleiro...
Pero o agoiro cumpriuse de novo.
E unha marea de impasible desidia afundiu no abandono e no esquecemento o espazo onde xorde a vida, o mar, convertido tamén esta vez, no máis fermoso cadaleito.
A Rosalía, Manuel Antonio, Luz e o mar