Mostrando entradas con la etiqueta arte de pesca tradicional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte de pesca tradicional. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de marzo de 2014

A chamada do mar

O marisqueo a pé vén de antigo, e tanto... as ameixas, por exemplo, existían xa hai máis de 100 millóns de anos, demóstrano as escavacións en varias culturas poboadoras de Galicia e en restos arqueolóxicos nos que os fósiles destes exquisitos bivalvos son omnipresentes do que se deduce eran moi apreciados xa naqueles tempos. Por non lembrar as receitas do gastrónomo do século I d.C. Apicio, polas que é coñecido o gusto dos romanos por estes e outros mariscos, utilizándoos como ingrediente para salsas ou protagonistas de suculentos manxares… o que non souberan os romanos... Así que non é extraño que dende hai centos de anos se cultive, tradicionalmente por mulleres, aproveitando bancos naturais como os das rías de Galicia, os máis prodixiosos do mundo, de area fangosa, con entrada e saída de augas, para recollelo aproveitando a baixamar... e é entón cando este espazo grandioso, cambiante pero eterno como é o mar, sustento, riqueza, aventura, orixe, beleza... se convirte en escenario de imaxes fascinantes, de horizontes poboados por guindastres, barcos, gaivotas e por mulleres afoutadas e fortes, que tamén, coma o mar, son a orixe mesma da vida. 










Dedicado a todos os que senten morriña, especialmente para Richard


viernes, 14 de junio de 2013

Viaxe ao mundo perdido



A nova exposición do Museo Centro Gaiás na que tiven o pracer de colaborar convida a aventurarse nunha das rexións máis salvaxes, inaccesibles e máxicas do planeta. “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido” propón unha inmersión no Mundo Perdido, un lugar protexido e cálido no corazón da selva amazónica cun canto á natureza e un recoñecemento ás culturas tradicionais e á súa supervivencia respectuosa co contorno.
Esta mostra expositiva tamén establece un diálogo coa tradición fluvial galega cunha mostra etnográfica sobre a vida arredor dos ríos, amosando os nexos entre Galicia e Latinoamérica en canto á tradición da pesca e a navegación. É nesta parte onde participei eu fotografando paisaxes, canoas e barcas tradicionais, arquitecturas pesqueiras como os pescos, ou artes de pesca que son as protagonistas desta publicación, forman parte da cultura e a tradición da xente que conviviu e convive cos ríos galegos e ao meu entender posúen unha enorme beleza escultórica, compartida con moitas pezas de uso cotián.
Podedes visitala ata o xaneiro de 2014. Moi recomendable.
 


Nasoiro
Fisga
Tenaces
Ventela
Redote
Ratel
Manuxo de vides
Forcado
Nasa de anguías
Agullas anzós castrexos
Tesoiras
Garfo
Masoura
Pesas castrexas
Nasas e cestos de troitas
Cestiño miñoqueiro
Agullas de redes



viernes, 2 de diciembre de 2011

Pulpo a la mugardesa e I+D+i


Mucho se ha hablado y teorizado sobre cuál es el secreto del pulpo a la mugardesa, un plato exquisito y peculiar como pocos. Bien, pues después de conocer a Fernando, querido amigo y vecino de Fieiteiras en Mugardos, he dado por fin con la respuesta: el secreto de este pulpo no está ni en la cocción o en la prebe que lo adereza, ni siquiera en el agua en que se cocina, sino en la aplicación de los procesos de I+D+i al arte de pesca utilizado para su captura: la famosa garabeta.
Las garabetas, que tradicionalmente se hacen de manera artesanal con una piedra que suele ser un canto rodado, a la que se le coloca un trozo de madera de buxo del que salen tres ganchos en forma de anzuelo, son verdaderas creaciones artísticas en el caso de Fernando y bien podrían ocupar un lugar preferente en alguno de nuestros centros de arte contemporáneo, además de ser una buena muestra del espíritu científico, ilustrado y siempre a la vanguardia de los habitantes de Ferrolterra en general y de Mugardos en particular. En esta selección os presento la garabeta tradicional, la garabeta diplodocus, la garabeta gallinácea, la garabeta tiranosaurus, la garabeta libélula y el pulpo de la ría de Ferrol, el más sabroso cefalópodo de cuantos habitan los mares, con permiso de los inigualables chocos, calamares, jibias, chipirones y demás familia.



garabeta libélula


garabeta tiranosaurus 

garabeta diplodocus 

garabeta gallinácea 

garabeta tradicional 

pulpo, polbo, octopus de la ría de Ferrol