sábado, 21 de junio de 2014

El espectáculo comienza en cocina


Precisión, rigor, innovación, prueba, experimentación, talento, concentración, riesgo, ensayo, observación, producto, comprobación, excelencia, aprendizaje, ritmo, investigación, creatividad, corrección, maridaje, técnica, calidad, constancia, cálculo, sofisticación, trabajo, mucho trabajo es lo que se cuece en la trastienda de la alta cocina. Un auténtico alarde de coordinación, un espectáculo basado en una estricta formación, en el saber hacer, la entrega y la complicidad de todos los profesionales implicados, eslabones de una larga cadena que remata en la mesa, y que tiene como resultado recetas repletas de matices que dejan huella en los comensales, una cocina creativa, de sensaciones complejas, que busca sobre todo el sabor, que lo es todo. 

Premio Chef Millesime Galicia a Pepe Solla. Restaurante Pepe Vieira, abril 2014























sábado, 7 de junio de 2014

Rodolfo Ucha, alén dos muros

“Para alguén coma min que non naceu en Ferrol pero se sente ferrolán despois de vivir desde os 7 anos nesta cidade, hai referentes e iconas que te fixan neste espazo, mesmo antes de habitalo.
A miña relación con Ferrol comeza tendo eu 4 ou 5 anos cando iamos de visita e quedabamos a durmir meus irmáns e eu nas bufardas do hotel Suizo no que meu pai fora cociñeiro; a miña percepción dende esa atalaia era máxica, chea de sensacións novas e experiencias inesquecibles para un neno que sempre vivira en vilas pequenas… ademais coñeciamos a todo o persoal, que era como unha gran familia e que nos contaban historias míticas do pasado e do presente daquel Ferrol que para min era xa unha gran cidade, moderna, alegre, chea de luces e xente que ateigaba as rúas ata altas horas da madrugada… meu irmán maior dicía que era de película, como Nova York, e iso non facía máis que acrecentar o engado que producía en min.

Pasado o tempo a miña familia ao completo instalouse na cidade e esta pasou a ser o meu espazo de vida. De maneira que cando me propoñen a posibilidade de facer unha reportaxe sobre Rodolfo Ucha, non co criterio de inventariar os fitos do insigne arquitecto, senón dende un punto de vista persoal, de súpeto doume conta de que en moitos dos marabillosos edificios a fotografar, teño vivencias únicas, momentos imborrables e impactos visuais impresos na memoria que revivín e revivo con cada nova mirada.
O colexio no que estudei, as cafeterías nas que tomei algúns dos mellores cafés do mundo, a galería na que tomei contacto coa arte en directo, a mansión que sempre pensei que Hitchcock escollería para algunha escena de terror, a casa na que viviu un dos meus mellores amigos e na que botamos tardes de xogos e risos… tantas e tantas experiencias vitais que forman xa unha amalgama de espazos esencias na miña traxectoria, e non só da miña, loxicamente, porque a medida que ía avanzando a reportaxe, os habitantes da cidade aportaban a súa visión sobre ela, sobre os edificios e sobre o autor que enriqueceron a miña perspectiva.

Confirmaron a admiración cara a un arquitecto tanto do público como do privado, moi recoñecido e percibido polos moradores da cidade como o Gaudí ferrolán, atribuíndolle mesmo obras que en realidade non son da súa autoría, o que dá mostra da súa grandeza e penetración no imaxinario cultural da cidade.
O punto de partida á hora de plasmar en imaxes as súas obras, foi dobre. Por unha banda, amosar a arquitectura, visualizando o espazo contido entre muros e a súa relación co que o delimita, situándoo no contexto, dialogando coa contorna, mimetizándose ou facéndose notar, e por outra banda, evidenciar a interacción coas persoas que habitan, de aí a inclusión dos retratos dos que poboan as vivendas ou os espazos públicos e que exercen como memoria viva dos edificios. 
Facer meus estes espazos e fotografalos dende a miña pel foi pois algo natural, máis espontáneo do que podería parecer inicialmente. O meu obxectivo último, como cada vez que capturo unha imaxe, foi construír perfís e contar algunhas das historias que definen Ferrol a través dos edificios habitados ou deshabitados pero nos que pervive e pervivirá o espírito do arquitecto”. 


Exposición aberta dende o 10 de xuño ata o 31 de agosto 2014. "Rodolfo Ucha Piñeiro. Construíndo Ferrol"
 Centro Torrente Ballester. Ferrol