Mostrando entradas con la etiqueta surrealismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta surrealismo. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de marzo de 2012

As pernas non son do corpo

Poucas cousas hai tan inspiradoras coma a realidade. Habitualmente supera a fición, dise a miúdo, pero cando esta se mestura cun puntiño de surrealismo, ingrediente habitual da "sabedoría popular", a cuestión xa é para nota. Todo isto vén a conto para "xustificar" a publicación de hoxe. Non é que se me fose a man con algunhas desas ferramentas máxicas do "fotoxó", que tamén podería ser... neste caso quixen facer a miña aportación gráfica a unha idea que tiña escoitado pola rúa, sobre todo á xente dunha idade, que sofre as inevitables consecuencias do paso do tempo nas articulacións, iso de: "eu quero, pero as pernas non me queren…", coas súas diversas variantes, pero estoutra pareceume digna de contar. Era unha conversa entre dous paisanos que remataba dicíndolle un ao outro: "… éche así, amigo, é que as pernas non son do corpo", ao que o outro asentiu sen dubidalo un intre e en total acordo co amigo. A cousa inspiroume de tal xeito que as imaxes que hoxe publico veñen a demostrar esta afirmación, efectivamente as pernas van por libre.