Mostrando entradas con la etiqueta Casa da Parra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Casa da Parra. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de enero de 2012

Isaac Díaz Pardo, bo e xeneroso


Tiven a inmensa sorte de fotografar a súa obra e a el mesmo para a súa última exposición, en febreiro de 2011, na Casa da Parra. Titulábase “Pinturas e fracasos”. El explicoume a razón deste título: el tiña a impresión certa de que a súa vida era unha historia de fracasos encadeados, de historias inconclusas e proxectos trastocados… sempre coa pintura como fondo… Eu escoitábao sabendo que tiña enfronte a un home de carne e óso, pero un referente fundamental na historia e cultura de Galicia.

Coñecino por primeira vez cando acudín á súa casa en Castro para retratalo. Foi ese día cando, facendo gala dese humor retranqueiro e da ironía que o caracterizaban, despois de observar detidamente o traballo previo aos retratos: flashes, reflectores e demais equipo, soltoume de súpeto: “Parece vostede teutón”, con ese despregamento de medios técnicos e a "precisión do ritual", tan “científico”, segundo el dicía…

Rimos despois entre café e conversas e escoitei, da súa propia voz, a admiración polo seu ben prezado Luís Seoane. De seguro a estas alturas están retomando algunha das conversas pendentes…



A Isaac Díaz Pardo, in memoriam. 2011