jueves, 12 de abril de 2018

Os vixías do Balado






 Amenceu por fin.
 Unha nova e angustiosa noite de desvelos empurrouno a relatar ese segredo longamente silenciado e poñer fin así ao desacougo.
As súas mans serían a súa ferramenta, o arame faría o resto. Só así fuxirían as visións que o acosaban.
Só dotándoas de fugas, liñas e dimensión propia sería libre. Presenciáraas unha e outra vez cando na estancia, no lusco fusco, reinaba o silencio máis absoluto.
Era nese instante cando os seres de luz comezaban a medrar, invadir, desvanecerse e novamente amosar o seu contorno inestable, sutil...
Figuras inertes,
de máxica beleza,
con alma de metal,
que se multiplicaban nun xogo infinito de presenzas e ausencias, co reflexo como testemuña impasible.
Entes duais, cercanos e distantes á vez que habitaron os seus soños e que agora poboaban a penumbra guiados unicamente polo tic tac hipnótico da luz que os devolve, cada noite, unha e outra vez, á vida.