Mostrando entradas con la etiqueta Quique Peón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quique Peón. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de mayo de 2012

Galizien Amerika Linie

Galicia é case sinónimo de emigración, en moitos momentos da súa historia, pero especialmente a finais do XIX e comezos do século pasado; milleiros e milleiros de galegos víronse abocados ao éxodo a América, a países como Venezuela, Brasil, Cuba, Uruguay, México, Chile... pero sobre todo a Argentina, chegando a ser coñecida como a quinta provincia. Son raros os galegos que non contan na súa familia con protagonistas dun éxodo en busca dunha vida mellor e de oportunidades que a súa terra non lles ofrecía e que deixou moitas "viúvas de vivos".
Isto vén ao caso porque hai unhas semanas tiven a sorte de revivir esta parte fundamental da nosa historia da man de Xacarandaina, coa súa última montaxe Galizien Amerika Linie, con Quique Peón como director e coreógrafo. O Pazo da Cultura de Narón converteuse por unha noite nun peculiar porto de embarque de pasaxeiros en vapores cargados de esperanza... o resultado é un espectáculo que conmove pola mestría de bailaríns e músicos, pola coidadísima posta en escena, por un espazo sonoro e audiovisual orixinal, pola fusión de tradición e vangarda, que reivindica e enriquece, unha vez máis, o folclore de Galicia. 

A historia de Galizien Amerika Linie comeza cunha despedida emocionada no peirao...















... evoca reencontros cheos de emoción que cómpre celebrar...
















... e remata co retorno á terra nai como unha metáfora da nosa propia existencia.