jueves, 5 de enero de 2012

Isaac Díaz Pardo, bo e xeneroso


Tiven a inmensa sorte de fotografar a súa obra e a el mesmo para a súa última exposición, en febreiro de 2011, na Casa da Parra. Titulábase “Pinturas e fracasos”. El explicoume a razón deste título: el tiña a impresión certa de que a súa vida era unha historia de fracasos encadeados, de historias inconclusas e proxectos trastocados… sempre coa pintura como fondo… Eu escoitábao sabendo que tiña enfronte a un home de carne e óso, pero un referente fundamental na historia e cultura de Galicia.

Coñecino por primeira vez cando acudín á súa casa en Castro para retratalo. Foi ese día cando, facendo gala dese humor retranqueiro e da ironía que o caracterizaban, despois de observar detidamente o traballo previo aos retratos: flashes, reflectores e demais equipo, soltoume de súpeto: “Parece vostede teutón”, con ese despregamento de medios técnicos e a "precisión do ritual", tan “científico”, segundo el dicía…

Rimos despois entre café e conversas e escoitei, da súa propia voz, a admiración polo seu ben prezado Luís Seoane. De seguro a estas alturas están retomando algunha das conversas pendentes…



A Isaac Díaz Pardo, in memoriam. 2011





5 comentarios:

  1. Gran retrato de un hombre immenso y controvertido, igual que su vida y su gran obra, creo que muchas veces incomprendido. Su ausencia igual que la de su amigo Luis Seoane la notaremos

    ResponderEliminar
  2. Muy bien haber mostrado a Isaac Díaz Pardo en su autorretrato de joven, estilo Rembrandt y de gran calidad pictórica con la fotografía realizada por Ovidio el año último. Toda una vida de lucha, sinsabores y traiciones que supo asumir sin odio, muy difícil sobre todo ante el asesinato de su padre. Por todo ello tiene muy merecido el descanso eterno.

    ResponderEliminar
  3. Unha das cousas que máis aprezo nas persoas é a humildade e el destilaba humildade por todos os seus poros. Unha gran perda...outra.

    ResponderEliminar
  4. O retrato está á altura do retratado. Creo que non se pode pedir máis a unha fotografía. Respecto do persoeiro, as miñas perpetuas graas polo que fixo por este país. Con catro como el amañábamolo.
    Unha aperta neno & company
    Nico

    ResponderEliminar
  5. A traves de una prima, poetisa, residente en Puerto Rico tuve la suerte de conocer a Isaac personalmente, esto sucedío este verano pasado 2011. Mí prima guardaba una relación muy intima con él. He quedado muy sorprendido de la lucidez de este gran hombre, maxime teniendo en cuanta lo deteriorado que ya estaba y todas las malas cosas que le han hecho.
    Es muy positivo y animoso que Ovidio le dedique este homenaje en recuerdo a su indiscutible labor al cual, sín duda alguna, me uno en recuerdo de un hombre de bien y grande para Galicia.
    Juan Robatto

    ResponderEliminar