Cando diante túa, sobre o
escenario, tes a un artista inmenso como Gustavo Pernas, dirixido
maxistralmente pola engaiolante Ánxela Abalo, tes moita sorte... e eu tívena.
Foi no teatro Jofre. Gustavo
convértese en Botamán de Melide, un personaxe creado por el mesmo, á súa imaxe
e semellanza, e ao xeito de Proust cos seus cheiros evocadores, Botamán-Gustavo
métese na pel, nas vidas e milagres de diversos personaxes a través dos seus zapatos,
grazas a eles coñece as mil linguas dos mil peregrinos ao seu paso pola vila de
Melide.
Gustavo-Botamán emociona,
como se fose a primeira ou a última vez, conmóvete, con intensidade, e faite rir, a
cachón, porque, tal e como explica a directora,
“os monólogos ao revés coma os desta historia son logomonos, hilarantes coma o riso dos monos”.
“os monólogos ao revés coma os desta historia son logomonos, hilarantes coma o riso dos monos”.
Non é preciso lembrar o seu
Premio Max nin os varios María Casares, abonda con velo, poderoso, intenso, e
escoitar a súa máxica voz sobre as táboas para entender o que é un actor de
raza, deses que te transportan a mundos alleos e fanche vivir mil vidas,
e
mesmo imaxinalas.
Botamán de Melide, o home que
falaba cos zapatos. Ancora Produccións
Alucinante Ovi, non me importa recoñecer a miña inmensa "aplatanancia". Son auténticas pinturas. É maxistral cabrito. Te saes.
ResponderEliminarPois veña nada pra diante.
Cando precises un limpiabotas lembrate de algúns
;-)
Moitas gracias Ovidio, neste momento de incertidume e de asedio, agradecese este agasallo inmenso da túa arte. Esperemos que non se cumpran as prediccións de Botamán e que os Pisados do mundo non acaben-emos Snakizados.
ResponderEliminarUnha forte aperta
Espectacular trabajo, Ovidio. Enhorabuena.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarLa puesta en escena es impresionante, sumada a la iluminación...vaya tamdem.
ResponderEliminarUn magnífico trabajo Ovidio!! felicidades.
Un saludo.
Fantásticas imágenes, enhorabuena.
ResponderEliminarUn trabajo excelente de un grande profesional talentoso fotógrafo com otro grande del teatro GUSTAVO...Ambos debéis estar contentes con lo conseguido, plasticidad máxima hermosa fotografía-. mis prabienes y un abrazo manuel patinha
ResponderEliminarQuerido mestre, a verdade é que traballar con artistas como Gustavo e que vou decir de un tal Manuel Patinha é un luxo, por certo cando nos vemos compañeiro? Un pracer e os meus agradecementos pola túa fidelidade. Que é de Alvaro?
EliminarSaúdo.