viernes, 14 de junio de 2013

Viaxe ao mundo perdido



A nova exposición do Museo Centro Gaiás na que tiven o pracer de colaborar convida a aventurarse nunha das rexións máis salvaxes, inaccesibles e máxicas do planeta. “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido” propón unha inmersión no Mundo Perdido, un lugar protexido e cálido no corazón da selva amazónica cun canto á natureza e un recoñecemento ás culturas tradicionais e á súa supervivencia respectuosa co contorno.
Esta mostra expositiva tamén establece un diálogo coa tradición fluvial galega cunha mostra etnográfica sobre a vida arredor dos ríos, amosando os nexos entre Galicia e Latinoamérica en canto á tradición da pesca e a navegación. É nesta parte onde participei eu fotografando paisaxes, canoas e barcas tradicionais, arquitecturas pesqueiras como os pescos, ou artes de pesca que son as protagonistas desta publicación, forman parte da cultura e a tradición da xente que conviviu e convive cos ríos galegos e ao meu entender posúen unha enorme beleza escultórica, compartida con moitas pezas de uso cotián.
Podedes visitala ata o xaneiro de 2014. Moi recomendable.
 


Nasoiro
Fisga
Tenaces
Ventela
Redote
Ratel
Manuxo de vides
Forcado
Nasa de anguías
Agullas anzós castrexos
Tesoiras
Garfo
Masoura
Pesas castrexas
Nasas e cestos de troitas
Cestiño miñoqueiro
Agullas de redes



4 comentarios:

  1. Me parece genial el tratamiento como piezas de arte, la verdad es que muchas tienen más carga artística que algunas obras que se exponen como tales. Maravillosas y delicadas tus fotografías, la expo no la vi todavía pero tiene muy buena pinta, gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que tienen una belleza especial, la belleza de lo simple... muchas gracias por tus palabras y un abrazo

      Eliminar
  2. Sencillamente deliciosas, enhorabuena

    ResponderEliminar