sábado, 26 de abril de 2014

Unha galaxia imaxinaria



Planetas, xogos e espazos nunha proposta sorprendente que é moito máis ca un parque. Iso é a Galaxia Imaxinaria, un espazo urbano, turístico, cultural, lúdico e pedagóxico localizado no centro urbano de Fene, concello que deu mostra dunha especial sensibilidade cara ao urbanismo. É o resultado dun proxecto de recuperación urbana inspirado en dous eixes centrais: o cultural en diálogo co imaxinario galego, coas lendas, coa literatura etc., e o lúdico e pedagóxico en diálogo coa cultura científica ao redor da Vía Láctea. Para que entendades mellor o espazo, ademais de que o visitedes –non hai coma o contacto directo para entender algo e desfrutalo–, direivos que é unha galaxia con todos estes planetas... O Planeta das Linguas, do Humor, da Area, do Principiño, do Sol, de cando os Animais Falaban, Baixo a Terra, das Herbas Máxicas, do Cabo do Mundo, das Mouras, da Herba de Namorar, das Cidades Asolagadas, do Revés e do Po de estrelas... Todo un camiño cara ao coñecemento a través do xogo.     [É un proxecto de Oxixeno Arquitectura]














4 comentarios:

  1. Pois si que se nota cando hai unha mente pensante detrás dos proxectos, cousa pouco habitual por certo, e menos cando se trata de urbanismo e arquitectura, onde o de menos é ser racional. Non coñezo o espacio pero irei visitalo, graciñas por mostralo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes moita razón, cando os proxectos están deseñados e desenvolvidos por profesionais en cada materia nótase e ben, agardemos que cunda o exemplo. Graciñas a ti polo teu seguimento, unha aperta

      Eliminar
  2. Prece un proyecto muy pensado, el espacio humanizado y la realización parece muy buena, me puedes decir donde está exactamente? muchas gracias por compartir las fotos, excelentes

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es exactamente como lo imaginas, está en pleno centro urbano del ayuntamiento de Fene, en el 2º semáforo según vienes de Coruña, coges hacia la derecha y a 20 o 30 metros ya encuentras el espacio, es muy grande. Gracias por tu comentario y un abrazo

      Eliminar