Todo facía presaxiar o desastre como así foi.
A negra sombra tinxiu de loito as praias, as cunchas, as ondas, a escuma da nosa infancia, asolagando tamén as nosas almas.
A esperanza, vestida de branco, loitou con unllas e dentes contra unha secuencia irremediable de destrución - morte - baleiro...
Pero o agoiro cumpriuse de novo.
E unha marea de impasible desidia afundiu no abandono e no esquecemento o espazo onde xorde a vida, o mar, convertido tamén esta vez, no máis fermoso cadaleito.
A Rosalía, Manuel Antonio, Luz e o mar
non hai palabras...
ResponderEliminarAperta grande e graciñas por estar aí
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarMorriña ¡¡¡¡
ResponderEliminarFermosas palabras, e fermosa imaxe.... como fermosa aqueloutra dun neno empuñando un fusil... Bicos Ovidio
ResponderEliminarGraciñas meu, aí andamos cargados de razóns e de imaxes, e non cesaremos no empeño, bicos de volta
ResponderEliminar