viernes, 5 de abril de 2013

Engado no aire



A música de Engado, obra de Xosé Lois Romero para o espectáculo da compañía Nova Galega de Danza, é unha das experiencias gozosas que puiden vivir grazas á miña condición de profesional da fotografía. En varias sesións fun testemuña duns sons contemporáneos que beben das raíces da música tradicional e do folc e que desembocan nun novo estilo, propio e xenuíno ao que xa nos ten acostumados Xosé Lois. Os músicos que o acompañaban, do prestixio de Pedro Lamas, Xabier Díaz, José Belmonte, Miguel Queixas, Miguel Castro, Suso Iglesias e Richi Rozas non podían dar outro froito que non fose exquisito, así que a marabilla estaba servida. Noutra publicación amosareivos estes momentos de excelencia sonora. Hoxe os protagonistas son os bailaríns de Nova Galega de Danza, e do seu traballo falan as imaxes que o describen e que ilustran o disco: de talento, ritmo, sensibilidade e pura poesía no aire. Un auténtico pracer que me encanta compartir.


















9 comentarios:

  1. Preciosas, sutiles, gracias por alegrarme con esos soles de foto esta mañana lluviosa

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti Daniela por tus palabras, tienes razón que hoy el único color naranja será probablemente el de las fotos... los bailarines son excepcionales, es un placer fotografiarlos, la plasticidad y belleza de sus movimientos son extraordinarias, un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Geniales, sin duda!
    Me encantan

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias por tus palabras y por estar ahí, y estupendo que te gusten, el viernes más!! un abrazo

      Eliminar
  4. Ola Ovi

    estou escoitando a Paco de Lucia......., vexo o teu mail na bandexa de entrada e digo ¡imos ver que se conta!!!...........acabo de facer unha fusión mental de flamenco cas tuas imaxes de tempos medidos, de forza controlada,,chulisimo, por certo so estou tomando café.
    apertas xan

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si que debe ser bo ese café que fusiona música e imaxes dese xeito, jejejeje, moitas grazas polas túas palabras e por ser como eres, amigo meu... por certo, para cando ese café???

      Eliminar
    2. Por certo, Paco de Lucía pode producir ese "efecto" e que que queira, eche o que teñen os xenios, non?

      Eliminar