O espectacular Museo de Galicia da Cidade da Cultura é o escenario dunha exposición na que tiven a honra de participar, un verdadeiro percorrido pola historia de Galicia a través da pedra: isto é Gallaecia Petrea.
Guerreiros, columnas, capiteis, muíños, virxes, petróglifos, miliarios, aras, baixorrelevos, cistas, puntas de frecha e algunhas das obras máis relevantes dos escultores galegos de todos os tempos... centos de pezas dende hai 200 millóns de anos ata a actualidade, que dan unha idea da omnipresenza deste elemento totémico na paisaxe, na historia, na arte e no patrimonio desta terra.
Foi unha gozada formar parte dun equipo de traballo integrado por técnicos da Fundación, comisarios e expertos en diversos campos, Uqui Cebra, cun traballo excepcional na parte gráfica e de deseño, unha morea de profesionais volcados neste proxecto. Un traballo intenso, polo apretado dos prazos de execución, pero un auténtico pracer fotografar pezas que son verdadeiros tesouros.
Unha experiencia gratísima e enriquecedora que quero compartir con vós e animarvos a coñecela en primeira persoa, iso si, previrvos que a visita ha de ser demorada para apreciar a magnitude da montaxe –para ver todas as salas preparade un día completo–. Tedes tempo, non se clausura ata finais de ano, e probablemente se prolongue.
Nesta publicación amósovos unha pequena selección das pezas que me resultan máis atractivas, por diversas razóns, e algunhas vistas dos espazos.
Déixovos co espectáculo de Gallaecia Petrea, non sen antes agradecerlles ás persoas que confiaron en min para tan magno proxecto.
 |
| Monte Pindo |
 |
| Cabeza da Graña |
 |
| Fusaiolas de Melide |
 |
| Petróglifo Laxe das Picadas |
 |
| Coro do Mestre Mateo. Maqueta |
 |
| Penúltima cea. Manolo Paz |
 |
| Puntas de frecha |
 |
| Pesa de rede |
 |
| Laudas gremiais de Noia |
 |
| Fuste da Portada do Paraíso |
 |
| Esvásticas de Santa Tegra |
 |
| Estela de Victorinus |
 |
| Cabeza de Armea |
 |
| Clave de bóveda |
 |
| Virxe da O |
 |
| Capela do Pilar catedral de Santiago |
 |
| Disco ornamental de Sabanle |
 |
| Colar da mámoa da chousa nova |
 |
| Pía de auga bieita |
 |
| San Salvador de Lérez |
 |
| Guerreiro celta |
 |
| Vistas da exposición |