Chelo foi a primeira en mandarme as súas fotos e como ela é a personificación da xenerosidade, non enviou unha senón varias das súas “cousas boas”, dende un arco que semella un escenario de película ás súas fragas queridas, pasando pola paisaxe eternamente vermella das Médulas...
Josito, coñecedor profundo da comarca e arredores, ademais de defensor de causas xustas e mil cousas máis, comparte con nós o faro da Frouxeira nunha toma chea de calma e ensoño...
Flo é vital, sabe que os bos momentos están en calquera sitio, só hai que saber atrapalos e desfrutalos, estaredes de acordo en que con este acerta de cheo...
Antonio, pura emoción, trata con esa sensibilidade tan especial as persoas e capta coma ninguén a luz e os sentimentos que desprenden...
Lola á a viva imaxe da paz e da felicidade, cos seus amorosos compañeiros de viaxe, achéganos varios dos seus momentos doces ao longo e ancho deste mundo...
Lo tráenos a ledicia compartida das Pepitas nun Ferrol cheo de cores e descóbrenos a grandeza da pedra aos ollos da súa inseparable Lira, como non...
Willi e Mari preséntannos un dos membros da súa gran familia numerosa, Saoma Amadou, que se sabe retratado, e moi mimado!! e posa coma o profesional que é...
Tere, como non podía ser doutro xeito, escolle o seu Ferroliño da alma, con ese orgullo de "ferrolá de toda a vida" e o seu Covas, principio e fin de todas as cousas boas...
E o amigo Edu, que leva o formiguiño da fotografía no corpo, usa calquera "dispositivo" que atope no seu peto para compartir con nós unha paraxe natural prodixiosa, das tantas que temos en Galicia.
Moitas grazas a Chelo, Josito, Flo, Antonio, Lola, Lorena, Willi e Mari, Tere e Edu. Repetiremos a experiencia noutra ocasión por aquilo de que a felicidade, se é compartida, é máis... e parafraseando á amiga Chelo, salutem plurimam.

y olé!
ResponderEliminarParabens para todas e todos, incluido Ovidio............, sintome mal por non ter compartido algún dos momentos que non precisan comentario, pero un día por outro quedaron sen enviar.........., apertas
ResponderEliminarmoi boa idea, paréceme xenial, e neste caso xa non é a calidade, é a vontade de compartir, noraboa a todos. Ovidio, sigo as tuas publicacións cada semana, son únicas
ResponderEliminarÉ temos algún premio por participar??? e que así, sin un premio polo menos de consolador, non vale.
ResponderEliminarJuego revuelto!!!