viernes, 30 de marzo de 2012

As pernas non son do corpo

Poucas cousas hai tan inspiradoras coma a realidade. Habitualmente supera a fición, dise a miúdo, pero cando esta se mestura cun puntiño de surrealismo, ingrediente habitual da "sabedoría popular", a cuestión xa é para nota. Todo isto vén a conto para "xustificar" a publicación de hoxe. Non é que se me fose a man con algunhas desas ferramentas máxicas do "fotoxó", que tamén podería ser... neste caso quixen facer a miña aportación gráfica a unha idea que tiña escoitado pola rúa, sobre todo á xente dunha idade, que sofre as inevitables consecuencias do paso do tempo nas articulacións, iso de: "eu quero, pero as pernas non me queren…", coas súas diversas variantes, pero estoutra pareceume digna de contar. Era unha conversa entre dous paisanos que remataba dicíndolle un ao outro: "… éche así, amigo, é que as pernas non son do corpo", ao que o outro asentiu sen dubidalo un intre e en total acordo co amigo. A cousa inspiroume de tal xeito que as imaxes que hoxe publico veñen a demostrar esta afirmación, efectivamente as pernas van por libre.










2 comentarios:

  1. Yo también he oido esa frase alguna vez. Me encanta la composición y la originalidad al plasmar una frase tan habitual y gráfica. ¡Bravo!

    ResponderEliminar
  2. e unha sorte contar contigo para aclarar ideas, agora entendo o que dicia un amigo, ¡bebemos ata perder as pernas!!! e o que pensaba eu doutra amiga que tiña unhas pernas para perderse............,
    feliz finde, xan

    ResponderEliminar