sábado, 4 de abril de 2015

E ficamos nós sos, sen o Mar e sen o Barco, nós


Encántame o paseo demorado e o rastrexo de vestixios do mundo mariñeiro polos vellos peiraos, labrados por bágoas, adeuses e despedidas, convertidos para o meu obxectivo en lenzos nos que aceites, salitre, xebra, algas, resinas, táboas, esmaltes, tanza, aramios, pedra, area, cordas, plásticos... debuxan fermosas obras inconclusas e coexisten en perfecta sintonía nun ecosistema propio ao carón da lembranza de navíos, de ondas e singraduras, de cantigas, ronseis e mareas, de mastros e naufraxios... ao carón da nostalxia do mar, esa "illa de auga rodeada de ceo por todas partes" que o admirado Manuel Antonio converteu en poesía e ensinounos a mirar con outros ollos.












8 comentarios:

  1. Acabo de chegar a casa e me encontro com esta maravilha de fotos, tao naturales como cheias de plasticidade…um encontro com a erosión com os soños com a história….com a infancia?! um abrazo grande amigo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un encontro coa poesía da vida, das ausencias, do paso do tempo, a erosión dos anos sobre os obxectos e sobre nós mesmos... dis ben meu amigo, os peiraos ben poden ser unha preciosa e ás veces amarga metáfora de nós mesmos, do que fomos, somos, o que soñamos ser e co que deixaremos de ser... aperta grande e un pracer contar sempre coa túa arte a a túa fidelidade!!

      Eliminar
  2. triste desenlace del poema, pero hermosas imagenes. Paradojicamente llenas de vida. Gracias
    andrés rey

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siempre tiene su poesía, y especialmente esa obra, una carga de soledad, vacío y ausencia que me parece maravillosa, y describe a la perfección esos espacios e inclusos las contradicciones interiores de cualquier persona en un momento dado, me encanta encontrar lo que tú dices, tanta vida a veces cargada de ausencia, de pasado... abrazo grande y gracias por estar siempre ahí

      Eliminar
  3. Evocador, poético, como todo o teu traballo! Incríble Ovidio!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Fina, alégrome de que che guste unha vez máis, vexo que me queres ben :) o mar e a poesía dese monstro da nosa lírica fano doado, son do máis inspirador, bicos mil unha vez máis e ata a seguinte!!

      Eliminar
  4. Una delicia esas texturas, esos tonos, poético y lleno de sensibilidad como siempre tu trabajo, gracias por compartirlo :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El eterno mar y sus espacios inspiradores siempre... muchas gracias a ti por tu seguimienfdo y comentarios!!

      Eliminar