Os esquimais non teñen ningunha palabra que signifique "neve", pero contan con máis de 50 vocábulos para denominar os distintos tipos de neve que nós só traducimos como simple "neve". É así porque o idioma, como ferramenta creada polos humanos, adáptase ás nosas necesidades. Por esta mesma razón que os galegos coñecemos ben, na nosa lingua existen máis de 70 palabras diferentes para designar a chuvia, e non por casualidade, non, resulta que somos a primeira fronte de entrada das borrascas chegadas do Atlántico cargadas de humidade que se converten despois en chuvia persistente, intermitente, de carácter débil ou forte... pero non é a miña intención amolarvos tamén a finde con máis cicloxéneses e tormentas perfectas, así que vos traio unha selección de paisaxes soleadas, si, si, con sol, para propiciar a "memoria meteorolóxica" e lembrarvos que cando menos o pensedes sairá esplendoroso sobre esta marabillosa Galicia, porque "nunca choveu que non escampara".
Soy Ovidio Aldegunde, profesional de la fotografía de industria, publicidad, arte, moda, paisaje, arquitectura, social, retrato, concepto... Este blog contiene tanto fotos que son fruto de trabajos personales como resultado de mi actividad profesional. Algunas están a la venta. Además dispongo de un amplio catálogo de fotografías de todo tipo. Si estás interesado/a en alguna o en realizar un reportaje inédito contacta conmigo en: ovidioaldegunde@gmail.com o en el teléfono 619345000.
Ufff, que ganiñas de que pare este conto interminable, pero non cambio Galicia por nada, a selección de imaxes que fas é espectacular, moita cousa preciosa que disfrutar. ¡Graciñas!
ResponderEliminarNon me extraña que teñas mono de sol, levamos un inverno ben crudo, pero estamos onde estamos e xa se sabe, xa virán mellores tempos, ou non? aperta grande e graciñas polo teu seguimento
EliminarQue bon!!!!, núnca choveu que non escampara, apertas
ResponderEliminarClaro home claro, se xa estaba todo inventado aínda que pareza que o inventou Gadis, isto xa o dicían os máis vellos do lugar, e seguimos dicíndoo... ata que nolo prohiban, que a todo chegaremos, jeje, aperta grande meu e toca café un día destes, ou non?
Eliminarse non chovese tanto non teriamos unha terra tan fermosa ... pero a veces ... cansa un pouco jejeje
ResponderEliminarapertas!
Pero como din agora, nunca escampou que non chvese, jeje, hai que darlle volta ao refrán, pero hoxe vai un día espléndido deses que non podes perder, biquiños e graciñas por estar sempre aí
EliminarÓstia tú... dan gañas de saír da cas. Aló viu. Grazas Ovidio
ResponderEliminarPois veña, que hoxe vai un diazo, a por el!!! bicos e grazas a ti
EliminarImágenes mágicas! ¡Gracias!
ResponderEliminarMaría ésta es la Galicia que tú no pudiste disfrutar, tienes que venir a conocerla, tenemos uno de los mejores climas del mundo!! un abrazo y gracias por tus palabras y por estar ahí
EliminarMaría ésta es la Galicia que tú no pudiste disfrutar, tienes que venir a conocerla, tenemos uno de los mejores climas del mundo!! un abrazo y gracias por tus palabras y por estar ahí
ResponderEliminarQue moriñaaaaaaaaaa.........¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminarXa supoño… aquí xa sabes como é, botamos en falta o sol pero en canto chega xa pensamos no inverno e no cocido, jejeje, pronto virás por aquí para coller aire, non??? a ver si nos vemos… Bicos e aperta grande!!
Eliminar