’Nacer non é complicado. Morrer é moi doado, vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible… Respectando o libro das conveniencias, os usos e modais, sen nos deixar levar nunca pola nosa natureza profunda, por aquel animal incontrolable que dá renda solta aos sentimentos, sempre nos portaremos ben, seremos irreprochables, sen xogárnolo todo, sen ter medo…’
O xenial Jean Luc Lagarce deixaba claras as súas intencións ao escribir esta peza, baseada nunha guía de boas maneiras do século XIX, e que Sarabela rescata e amosa con esa vis cómica, frescura e talento desbordante sobre o escenario convertido, unha vez máis, en motor e fío de transmisión de cambios sociais, con esa función transgresora do teatro que na compañía teñen ben presente en cada montaxe.
En escena, un texto traxicómico, ao xeito dos modernos manuais de autoaxuda, pero cunha altísima dose de sarcasmo, de humor, de retranca e de sorna trala cal agóchase a crítica a unha sociedade ateigada de regulamentos, prescricións, códigos, estatutos, leis, pautas, preceptos, principios, costumes… Destila ironía contra un mundo cheo de contradicións que semellan doutro tempo pero a pouco que ollemos ao noso redor, tampouco non difire tanto das estruturas que perduran hoxe en día, cando menos no fondo, aínda que con formas supostamente menos inflexibles, rigorosas ou severas… De feito, non credes que a realidade abafa coas súas etiquetas, cerimonias, ritos, formalidades… ás veces autoimpostas, ante as que custa ir contracorrente?
Cuánta verdad en tus palabras y en tus fotos, Sarabela no deja de sorprenderme con cada estreno, fantástico, sin plegarse a modas y con una calidad y una originalidad extraordinaria, este todavía no lo he visto pero espero no tardar... Lo de tus fotografías, esa luz y cómo captas cada gesto, elmovimiento, es un don que te agradecemos compartas con los humanos, jeje, soberbio!
ResponderEliminarSarabela sempre á vangarda e preclaros nas súas propostas, as túas fotografías impecables coma sempre, grazas pola túa xenerosidade ao compartilas
ResponderEliminar