A aguda sensibilidade que desprega a compañía Sarabela en cada montaxe adopta neste espectáculo o formato de sátira delirante sobre o asalto ao poder, contra a clase política e os poderosos, pero tamén contra os que desexan formar parte desa elite que denostan pero á que aspiran.
Os protagonistas: unha muller con serios problemas laborais, unha adolescente que quere ser adulta, unha persoa que se sente excluída economicamente, outra que pensa que pertence á alta alcurnia e está desfasada e excluída, e un home con serios problemas relacionais e sociais. Todos queren ser convidados á ‘gran festa’, estar na fotografía, porque iso significa ter unha oportunidade na vida e esquecer as miserias cotiás. Como non están entre os elixidos deciden deixar de ser o que aparentaban e iniciar unha ‘revolución’ xunto a outros excluídos para tomar o poder coa intención de modificar o sistema de valores.
Nada máis lonxe da realidade. Como imaxinaredes e constatamos a diario, a erótica do poder remata fagocitando soños, promesas, ideoloxías, utopías... Puro teatro!!!