Do mesmo xeito que para Martha Graham “o corpo nunca mente: expresa o que non podemos dicir con palabras”, Dolores Mayán, a creadora de "De Meu" pon en paralelo danza e filosofía e impregna todas as súas creacións de moito máis que danza... O baile, ademais dunha forma de expresión, é o instrumento esencial a través do cal se explora o mundo da muller, revelando cos movementos o máis profundo da identidade feminina. Nas súas montaxes pon ao descuberto aspectos eclipsados, ocultos, que constitúen estereotipos cos que a muller carga dende sempre: non é que a muller sexa dun ou doutro xeito, é que ten que respostar ás esixencias seculares de selo. E cumprir cos roles, ata que se coñece a si mesma e deixa de interpretar papeis que non quere interpretar. E entón as bailarinas íspense, ensinan a súa pel e a súa alma, amósanse de verdade e regálannos imaxes dunha beleza fascinante.
Espectaculares... Para variar
ResponderEliminarMe gustan las que juegan con la simetría.
Besos de David, Eva y propios...
Gracias chicos, una pena que no pudierais disfrutarlo, otra vez será. Apertas mil!!
ResponderEliminarque bon volver a encontrarse, e seguir disfrutando do teu traballo e sensibilidade, apertas xan
ResponderEliminare que bo terte aí sempre, querido Xan, cos teus sabios e agarimosos comentarios, o de ter amigos éche o que ten, e para cando ese café ferrolán do mellorciño??? apertas!!
EliminarGracias. Son geniales.
ResponderEliminarUn saludo.
Pablo.
Gracias a ti, Pablo, también te sigo de cerca y me encanta lo que haces, un abrazo
Eliminar